#CaffeLab é un novo formato de Fabricación cidadá.
Nos proximos meses iremos sumando cafeterías ao CaffeLab, a primeira é a cafería Sifón, detrás do Colexio de Arquitectos. Alí terás unha impresora lista para usar con obxectos precargados para iniciarse na impresión 3D mentres tomas un café.
Se necesitas un servizo de impresión personalizado, ponte en contacto connosco.
Non fai falta que teñas coñecementos previos, avisa ao camareiro de que queres imprimir. Comentarache os puntos importantes a ter en conta. Non é nada difícil.
-Primeiro, inscríbete na web. -Despois, elixe o obxecto para imprimir. -Dálle ao play e agarda tomando un refresco.
Se tes algunha dúbida, abre o chat desta mesma web e fala connosco, para iso estamos. Se necesitas unha impresión máis profesional, nós tamén te podemos axudar. A meta é que aprendas a utilizar unha impresora 3D.
A cafeteria Sifon e a primeira en Galicia con servizo de impresión 3D gratuíta. Situada detras do colexio de arquitecto, preto do Sireno e do noso famoso Dinoseto. C/ Doutor Cadaval 5 Telfno: 986 95 22 33
info@fablabvigo.org
SIFÓN - URBAN COFFEE BAR.
Rúa do Doutor Cadaval, 5, 36202 Vigo
A cafeteria Sifon e a primeira en Galicia con servizo de impresión 3D gratuíta. Situada detras do colexio de arquitectos, preto do Sireno e do noso famoso Dinoseto.