As CharLabs son eventos dirixidos a todas as persoas interesadas en coñecer as diversas novas tecnoloxias e as súas implicacións na nosa sociedade.







COMO NOS AFECTAN? DE QUE MANEIRA PODEMOS APROVEITALAS? ESTAMOS PREPARADOS PARA ESTES CAMBIOS?



O debate, a exposición de ideas, confrontar as nosas ideas de forma creativa, son parte da tarefa de pensar sobre as cousas. Isto móvenos cara adiante, fainos sopesar os proles e contras, escoitar outros puntos de vista sácanos da nosa visión limitada. Pensar en grupo fainos máis intelixentes e fainos chegar máis lonxe na nosa visión do mundo.